Campo de concentración de Camposancos

Campo de concentración de Camposancos

FoxasLugares de execuciónCampos de concentraciónGuerra Civil (36-39)

En Camposancos, habilitaríase dende xullo de 1936 un campo de reclusión localizado no Convento e Colexio dos Xesuítas do lugar, e do que existen rexistros ata novembro de 1939. Cunha capacidade para 868 residentes, superou amplamente os dous millares. No cemiterio da mesma parroquia, documéntase o enterramento de prisioneiros falecidos no campo, ademais doutros executados.

Estado

Actualmente o convento e o colexio están abandonados e en ruínas.

Fontes

HERNÁNDEZ, Carlos, Campo de concentración de Camposancos, 2022, Los Campos de Concentración de Franco, http://www.loscamposdeconcentraciondefranco.es/campos/247, 14/08/2022. PRADA, Julio, Geografía de la represión franquista en Galicia, Los Libros de la Catarata, Madrid, 2011, 173. RODRIGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Editorial Galaxia, Vigo, 2010, 125-131.

Santa Isabel de Camposancos. Lugar da Pasaxe, A Guarda
/ PONTEVEDRA