Asasinato dos 11 de Anguieiro, coñecidos coma “Os mártires de Anguieiro”

Asasinato dos 11 de Anguieiro, coñecidos coma “Os mártires de Anguieiro”

Lugares de execuciónGuerra Civil (36-39)

O 26 e 27 de agosto de 1936, entre outros moitos casos no contexto da sublevación militar, foron detidos en Cangas once homes de idades entre os 16 e os 46 anos, varios militantes do PSOE, CNT ou as JSU, que serían asasinados no lugar de Anguieiro na madrugada do día 28. Na actualidade, existe un monumento no lugar, que periodicamente é protagonista de actos de conmemoración.

Estado

Memorializado mediante monumento

Fontes

SANTOS, Iago; NORES, Antonio, Historia de Cangas 1900-1936: unha ribeira de pescadores, A Nosa Terra, Mos, 2005. GONZÁLEZ BAMIO, Aitor, "28 de agosto de 1936: os 11 mártires de Anguieiro e a represión fascista en Cangas do Morrazo", A Illa dos Ratos, 26/08/2021, https://ailladosratos.org/os-martires-do-anguieiro/, 15/08/2022. "Homenaje a los 'Mártires de Anguieiro'", 28/08/2020, https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2020/08/28/homenaje-martires-anguieiro-14795545.html, 27/09/2022. SANTOS, Julio, "Homenaxe aos 'Mártires de Anguieiro'", 29/08/2022, Faro de Vigo, https://www.farodevigo.es/fotos/morrazo/2022/08/29/homenaje-martires-anguieiro-74289421.html, 27/09/2022.

Lugar de Anguieiro, Cangas
/ Pontevedra