Actividade guerrilleira no Val do Limia
Nos últimos meses da contenda civil, nas inmediacións da freguesía portuguesa de Castro Laboreiro, sumaranse aos fuxidos tralo golpe combatentes da fronte. Nomes como José Rodríguez Páramo (Pepe Dende de Ouro), Ramón Yáñez Pereira (Enrique o Médico) ou Víctor García Estanillo (O Brasileiro), propoñeranse coordinar os fuxidos, comezando unha actividade guerrilleira propiamente dita, con participación de figuras como José Fernández González (Rizo), Gumersindo Delgado e José Fernández Alonso (Pepe de Cuarto). As súas actuacións circunscríbense ao Val do Limia ata 1943.
Fontes
FERNÁNDEZ, Eliseo; PEREIRA, Dionisio, A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940), Em Selecta Companha, Santiago de Compostela, 2022, 103.
Notas
As coordenadas correspóndense coa Casa do Concello de Xinzo da Limia, capital da comarca de Limia