A Madroa

A Madroa

Resistencias civís non organizadasMovementos feministas e LGTBIQ+Resistencias civís organizadasMulleresFranquismo (51-75)

Na clandestinidade franquista, os movementos sociais reuníanse en casas particulares, bares, e mesmo montes, para non levantar sospeitas sobre as súas actividades; o monte da Madroa foi un destes espazos. O Movemento Democrático da Muller (MDM) de Vigo tomou a decisión de dividirse por barrios (por orde do partido) porque xa había demasiadas mulleres nas reunións naquela altura, aínda que algún sector da organización sospeita que puido ser unha estratexia do partido para debilitar o movemento de mulleres.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves para unha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 110. CAGIAO, Roi, "Vigo 1972" [documental], 2017.

San Salvador de Teis. Monte da Madroa, Vigo
/ Pontevedra