Sede do Servizo de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT)

Sede do Servizo de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT)

Resistencias culturaisFranquismo (51-75)

O 1 de abril de 1946, constituíuse o “Servicio de Ediciones, Publicaciones y Traducciones” (SEPT) en Vigo por Xaime Isla, Plácido Castro e Celso Collazo. O 1 de marzo de 1947 asociouse ao negocio Xosé Meixide González, para levar canda Collazo a responsabilidade do traballo diario. O SEPT ficaba integrado por cargos do Partido Galeguista na clandestinidade como o ex-secretario de relacións exteriores, Plácido Castro, o secretario técnico, Xaime Isla, o secretario de organización, Xosé Meixide, e un correo e enlace do partido na clandestinidade, Celso Collazo. O obxectivo de SEPT era dotar ao galeguismo dunha editorial ao xeito da desaparecida Nós. A sede localizábase no domicilio de Plácido Castro, en Vigo.

Estado

Sen identificación conmemorativa na actualidade.

Fontes

PASTORIZA, Xosé, "Servicio de Edicións, Publicacións e Traducións (SEPT): o antecedente de Editorial Galaxia", Grial. Revista galega de cultura, núm. 228, 2020, 77-89.

Rúa Lepanto, 7, 36201 Vigo, Pontevedra, España, Vigo
/ Galicia