Sede da Editorial Galaxia

Sede da Editorial Galaxia

Resistencias culturaisFranquismo (51-75)Transición (75-78)

A Editorial Galaxia fundouse o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela, destacando as figuras de Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro. Durante a Ditadura de Franco, foi un dos principais medios de resistencia cultural e política dun galeguismo condenado á clandestinidade dende o triunfo sublevado en Galicia. Fíxoo estimulando a produción de textos na narrativa e no ensaio cos que prestixiar a lingua galega, pero tamén impulsar unha produción autónoma que evidenciase a existencia dunha cultura e identidade galegas diferente e diferenciada do campo literario español. O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saíu á rúa en abril de 1951.

Estado

Sen identificación conmemorativa na actualidade.

Fontes

VILLANUEVA , María Dolores, A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963, Tese de Doutoramento. Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2015.

Rúa da Reconquista, 1, Vigo, España, Vigo
/ Galicia