Sede da Delegación de Orde Pública na actual Academia de Maquinistas da Armada

Sede da Delegación de Orde Pública na actual Academia de Maquinistas da Armada

Prisións e torturasExecuciónsGuerra Civil (36-39)Posguerra (39-51)Franquismo (51-75)Transición (75-78)

Sede da Delegación de Orde Pública na cidade de Ferrol, unha institución creada en 1933 e que, tralo golpe de Estado, se estendeu por todo o territorio sublevado, sendo un dos mecanismos principais para o exercicio da violencia sobre a disidencia político-social durante o tempo que durou a guerra, desaparecendo pouco a pouco tralo final daquela. En estreita colaboración con Falange, coa que compartirían espazo nesta localización, e a Garda Civil, a delegación foi o epicentro da política represiva extraxudicial na área de Ferrolterra, ben ordenando sacas das cadeas, ou ben encargándose dos fuxidos que ían sendo capturados. En ambos casos, eran frecuentes as execucións nos cemiterios de Serantes e Canido. Tamén foi un lugar no que se documentan torturas. Lonxe de potenciar o silencio, a delegación encargouse de facer que a prensa local difundira as actuacións que falanxistas e gardas civís levaban adiante en cumprimento das súas ordes, co fin de robustecer o clima de terror permanente, garante da “orde” na zona sublevada.

Fontes

FERNÁNDEZ, Eliseo, "A Delegación de Orden Público e a administración do terror en Ferrol (1936)" en Xosé Ramón Ermida, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido e Dionisio Pereira (coords.), Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron, Sermos Galiza, Santiago de Compostela, 2017, 81-98. "Delegación de Orden Público. Nota oficiosa", El Correo Gallego, 08/09/1936, 3.

Cantóns. Edificio Herrerías - EXPONAV, Rúa dos Irmandiños, s/n, Ferrol
/ A CORUÑA