Revoltas nas parroquias de Marcón, Campañó e Verducido contra os pagamentos das cotas de Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos
Entre 1953 e 1956, as parroquias de Marcón, Campañó e Verducido destacaron polas mobilizacións contra os pagamentos ás Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos, nas que houbo unha forte feminización da protesta. As mulleres destas parroquias lideraron a campaña de impagamento cando a filiación á Hermandad se fixo obrigatoria. Elas levaron adiante toda unha serie de actos violentos contra os encargados de realizar os pagos das cotas a esta entidade. No 1956, cando o Gobernador Civil anunciou o embargo das terras ás familias adebedadas e a súa poxa pública, as mulleres organizáronse de novo para impedilo, cunha forte resistencia mediante o emprego de pedras e instrumentos agrícolas.
Fontes
CABANA, Ana, "150 mujeres y ningún hombre. Mujeres y protesta en el campo gallego durante el franquismo", Historia Social, 99, 119-138.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á igrexa parroquial de San Miguel de Marcón.