Revolta contra a roturación dos montes veciñais de Cerceda

Revolta contra a roturación dos montes veciñais de Cerceda

Resistencias civís non organizadasMulleresFranquismo (51-75)

A mediados de outubro de 1962, arredor de cincuenta veciños e veciñas da parroquia de Xesteda acudiron ao Monte dos Quintos para tratar de impedir a instalación dunha área de pasto. Para impedir a realización dos traballos, as mulleres botáronse ao chan impedindo o traballo da maquinaria agrícola. A pesar dos esforzos da forza pública, non houbo xeito de disuadilos e os traballos tiveron de ser suspendidos.

Fontes

FREIRE, Araceli, En defensa de lo suyo: propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo, los montes vecinales de Cerceda (A Coruña), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 83-86 e 96-105. RICO, Eduardo, "Politica forestal y conflictividad social en el noroeste de España durante el primer franquismo, 1939-1959", Historia Social, 38, 2000, 117-140.

Notas

As coordenadas refírense á parroquia de Santa Comba de Xesteda, por non poder ser máis precisos.

4FFR+VC Campo de Xesteda, España, Campo de Xesteda
/ Galicia