Resistencias veciñais á construción dun encoro en Campobecerros
No verán de 1974, labregos e labregas de Campobecerros, apoiados por Comisións Labregas, organizaron un movemento de resistencia contra a construción dun encoro pola empresa Iberduero, enviando escritos á prensa e a organismos oficiais e contactando co Goberno Civil de Ourense. Demandaban o traslado da poboación coas mesmas características, incluíndo o monte comunal. Campobecerros foi un exemplo de tantas outras poboacións afectadas por este tipo de construcións, como Veigas de Camba, Castrelo de Miño, Frieira ou Portodemouros.
Fontes
DÍAZ, Alba, O campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 85-86.