Resistencias en Talleres La Artística
En 1938, rexistrouse un episodio representativo dunha resistencia de baixa intensidade, con recurso ás “armas do feble”, e recorrente en contextos nos que, pola coerción exercida polo poder, resulta complicado exercer manifestacións de disidencia moito máis explícita. Ramona Camesellle González, Paz Lama Álvarez e Dolores Rodríguez Rodríguez, de 16, 18 e 19 anos, foron condenadas a quince anos a primeira e a cadea perpetua as dúas restantes, por delito de adhesión á rebelión, por poñer facer uso das iniciais “UHP” (en alusión a consigna obreirista “Uníos Hermanos Proletarios”).
Fontes
PRADA, Julio, “La represión sobre las mueres en Galicia. Algunas Claves interpretativas”, en Jesús de Juana López; Julio Prada Rodríguez (dirs.), Nuevas perspectivas en el estudio de la mujer durante el Franquismo, Sílex Universidad, Madrid, 2017, 59.