Resistencias contra o repartimento en Palas de Rei

Resistencias contra o repartimento en Palas de Rei

Resistencias civís non organizadasPosguerra (39-51)

Os veciños do lugar manifestáronse contra o repartimento en 1944, chegando incluso a penetrar na Casa Consistorial e obrigando ao alcalde, o falanxista Alejo Vázquez Viña, a asinar un documento que foi elevado ao Gobernador Civil. O alcalde sería destituído, pola súa incapacidade para evitar esta situación.

Fontes

CABANA, Ana, La derrota de lo épico, Universitat de València, Valencia, 2013, 64 e 67. SOUTO BLANCO, María Jesús, Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). La corrupción y la lucha por el poder, Ediciós do Castro, Sada, 1999, 90-91.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello de Palas de Rei.

San Tirso de Palas de Rei. Avenida Compostela, 28., Palas de Rei
/ LUGO