Resistencias contra a repoboación do monte en Samos

Resistencias contra a repoboación do monte en Samos

Resistencias civís non organizadasPosguerra (39-51)

O 13 de febreiro de 1948, veciños de Outonín, Campos e Castrelo actuaron colectivamente e a plena luz do día, destruíndo máis de dous millóns de plantas, vinte e dúas mil árbores e os peches dun viveiro tratando de reverter a repoboación forzada do monte.

Fontes

RICO, Eduardo, "Politica forestal y conflictividad social en el noroeste de España durante el primer franquismo, 1939-1959", Historia Social, 38, 2000, 117-140.RICO, Eduardo, "El Estado en los montes: intervención pública y respuestas sociales en torno al manejo de los recursos naturales en Gerónimo de Uztariz", 19, 2003, 77-96.

San Cristovo de Lóuzara. Lugares de Outonín, Campos e Castrelo, Samos
/ LUGO