Resistencia en O Incio e A Pobra de Brollón
Un grupo de veciños procede a cortar as estradas do Incio á Pobra de Brollón e de Pino nos días seguintes ao golpe de Estado de xullo de 1936. José Casas Martínez parece que liderou un grupo que se dedicou a asaltar casas e incautar armas e vehículos para enfrontar ao exército, se ben a presenza de tropas determinou a súa dispersión e fuxida para o 22 de xullo de 1936.
Fontes
SOUTO, María Jesús, La represión franquista en la provincia de Lugo, Ediciós do Castro, Sada, 2008, 183.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello do Incio.