Resistencia de San Clodio de Ribas do Sil

Resistencia de San Clodio de Ribas do Sil

Resistencias civís non organizadasResistencias civís organizadasGuerra Civil (36-39)

Veciños das parroquias de San Clodio, Torbeo, Figueirido e Piñeira, máis tarde tamén mineiros da conca carbonífera de Fabero e Ponferrada, fixéronse con armas de fogo coas que patrullaron o lugar de San Clodio logo de coñecerse a sublevación iniciada polas tropas españolas en Marrocos e as súas repercusións no resto de prazas militares da península, incluídas as galegas.
O día 22 de xullo, saíron de Quiroga forzas da Guardia Civil, carabineiros e falanxistas comandados polo capitán José López de Haro. A veciñanza opuxo resistencia cando aqueles intentaron entrar na poboación, recorrendo incluso ao corte da estrada e producíndose un tiroteo. Vicente González Quiroga, primeiro tenente de alcalde, foi considerado o líder do grupo, sendo capturado e encadeado, do mesmo xeito que o resto de implicados que non lograron fuxir.

Fontes

SOUTO, María Jesús, La represión franquista en la provincia de Lugo, Ediciós do Castro, Sada, 2008, 53-55, 179.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello de Ribas do Sil.

San Clodio de Ribas de Sil, Ribas de Sil
/ LUGO