Protestas veciñais en Teis

Protestas veciñais en Teis

Resistencias civís non organizadasResistencias civís organizadasMulleresFranquismo (51-75)Transición (75-78)

A veciñanza da parroquia de Teis protagonizou distintas accións de protesta pola perigosidade da Travesía de Vigo, dado o elevado número de accidentes mortais que se levaban producindo nela. Houbo denuncias na forma de escritos á prensa e ás autoridades, conatos de manifestacións abortadas pola Policía Armada, e algunhas concentracións, con abundante presenza feminina. Así, por exemplo, en xaneiro de 1976, producíronse varias manifestacións en Travesía de Vigo, unha delas mesturada co funeral dunha muller que fora atropelada na mesma vía. Estas accións conxugáronse coas resistencias á construción da autoestrada –que provocou unha serie de expropiacións de terreos pagadas á baixa ós seus propietarios– e protestas polo paso a nivel de RENFE, outro punto no que se produciran numerosos atropelos.
A legalización da asociación veciñal do barrio, lograda en abril de 1976, permitiu unha maior contundencia á hora de impulsar iniciativas de tipo reivindicativo sobre este problema e outros que afectaban a boa parte dos vigueses.

Fontes

MARTÍNEZ, Fátima, Cuando la ciudad latía: el movimiento vecinal en Galicia (1964-1982) [tese de doutoramento], Universidad Complutense de Madrid, Madrid, 2021.

Notas

As coordenadas refírense ao local da Asociación de Veciños de Teis.

Rúa Gerardo Campos Ramos, 2, 36207 Vigo, Pontevedra, Vigo
/ Pontevedra