Protestas pola morte dunha persoa nas manifestacións do Primeiro de Maio

Protestas pola morte dunha persoa nas manifestacións do Primeiro de Maio

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

Na manifestación do Primeiro de Maio celebrada na cidade de Vigo en 1975, un garda civil acabou coa vida de Manuel Montenegro Simón, traballador de FENOSA. A súa morte iniciou unha serie de actos de malestar e protesta en diferentes sectores da sociedade viguesa nos días seguintes, que incluíron as multitudinarias honras fúnebres, paros laborais en Hijos de J. Barreras, Forjas del Miñor e Construcciones Navales Santodomingo, así como remisión de cartas a distintos xornais, algunha, con destino a autoridades do réxime.

Fontes

"Autoridades y numerosos trabajadores, en el entierro de don Manuel Montenegro Simón", La Voz de Galicia, 03/05/1975, 10."Continúa en el Hospital Militar el guardia civil que causó la muerte al trabajador de 'Fenosa'", La Voz de Galicia, 04/05/1975, 16. "La U.T.T. del Sindicato de Agua, Gas y Electricidad se dirige al presidente del gobierno y al ministro de la gobernación", La Voz de Galicia, 07/05/1975, 13.

Notas

A localización escollida é o lugar onde Montengro recibiu o disparo, segundo La Voz de Galicia, 3/05/1975: "se hallaba viendo una manifestación de jóvenes en la Travesía de Vigo, frente a la subestación de Fenosa, en El Troncal, donde trabajaba".

San Salvador de Teis. Travesía de Vigo, 204, Vigo
/ PONTEVEDRA