Protestas contra o proxecto de central nuclear en Xove

Protestas contra o proxecto de central nuclear en Xove

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)Transición (75-78)

En 1974, Unión Fenosa tratou de instalar en Xove unha central nuclear. A organización contraria á instalación recaeu na agrupación “Sementeira”, destacando o papel de Prudencia Santasmarinas Raposo “Pencha”, axente de economía doméstica. A resistencia, con abundante presenza feminina, tamén estaría apoiada por membros do CALL e de Comisións Labregas, así como asociacións doutras localidades galegas.
O 10 de abril de 1977, e logo de que se conformara unha comisión que recorrería distintas poboacións galegas recollendo apoios, organizouse unha marcha dende Viveiro a Xove, á que asistiron cinco mil persoas manifestando a súa oposición á construción da planta. A marcha culminou no adro da igrexa de San Bartolo de Xove. A mobilización popular logrou deter o proxecto en 1980.

Fontes

ALONSO, J., "La marcha sobre Xove se realizó con toda normalidad", La Voz de Galicia, 12/07/1977, 47. DÍAZ, Alba, O campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986), Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2011, 89. PARDO, Xoana, "Mulleres labregas: como repensar o mundo", Compostimes, 27/02/2013, https://compostimes.com/2013/02/mulleres-labregas-como-repensar-o-mundo, 09/08/2022.

Notas

As coordenadas refírense a área na que se pretendía construir a central nuclear, Regodela, no concello de Xove.

PFF3+82 Vilachá, Xove, España, Vilachá
/ Lugo