Propaganda subversiva na Igrexa de San Xurxo

Propaganda subversiva na Igrexa de San Xurxo

Resistencias civís organizadasIgrexaFranquismo (51-75)

Nicanor Acosta Alonso, sacerdote de trinta anos e veciño da Coruña, foi detido o 20 de xaneiro de 1969 acusado de difundir propaganda titulada “Nosotros los obreros” polas inmediacións do Hotel Finisterre e outros lugares próximos á Igrexa de San Xurxo.

Un bo representante daquela parte do clero español que, cos novos aires traídos polo Concilio Vaticano II, se ía despegando do réxime franquista e achegándose progresivamente aos grupos da oposición. Acusado de propaganda ilítica, foi condenado a nove meses de prisión menor e ó pago dunha multa de dez mil pesetas.

Fontes

TRIBUNAL DE ORDEN PÚBLICO, Sumario 65/1969, sentenza 195.

Centro. Rúa Pío XII, 19, A Coruña
/ A CORUÑA