Propaganda galeguista no Paseo de Alfonso XII

Propaganda galeguista no Paseo de Alfonso XII

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

Antonio Eduardo Bernardo Rubio, avogado segoviano, foi detido na Noiteboa de 1967 en plena rúa ao ser sorprendido pegando adhesivos coa inscrición “Libertade pra Galicia” en escaparates, vehículos e caixas de correos. Días despois tamén sería detido Xosé Luís Méndez Ferrín, acusado de facilitarlle a propaganda. Este acto de protesta é un dos exemplos da campaña de pegado de bandas despregada en Galicia por obra da UPG, que dende Madrid, e baixo a responsabilidade de Bautista Álvarez, conseguiran traer ao país. Ambos foron xulgados ante o TOP, acusados de propaganda ilegal: Méndez Ferrín foi absolto, mentres que Bernardo Rubio foi condenado a seis meses e un día de prisión e a unha multa de quince mil pesetas.

Fontes

REDONDO, Francisco Xavier, Botarse ao monte: censo de guerrilleiros antifranquistas en Galiza (1939-1965), Ediciós do Castro, Sada, 2006, 86-90.

Vigo Centro. Paseo de Alfonso XII, Vigo
/ PONTEVEDRA