Prisión provincial de Ourense
As súas orixes remóntanse á primeira metade do século XIX, ao construírse como prisión de partido, sendo a finais do século cando pasa a ser, ademais, prisión provincial. Á altura dos anos trinta, viñera de sufrir unha reforma que a convertera nun centro de carácter mixto e adaptado á realidade penitenciaria da época. Entre os anos 1936 e 1943, estímase unha poboación media duns catrocentos internos, aínda que en xaneiro de 1938 chegáronse a concentrar máis de seiscentos, co que isto significou para as condicións de vida. En total, para o período 1936-1940, terían pasado polo centro algo máis de cinco mil.
Fontes
RODRIGUEZ, Domingo, Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra (1936-1945), Editorial Galaxia, Vigo, 2010, 67-87 e 135.