Primeira reunión nacional das CCOO de Galicia en Bastiagueiro

Primeira reunión nacional das CCOO de Galicia en Bastiagueiro

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

O primeiro programa de reivindicacións elaborado e firmado polas Comisións Obreiras da Coruña data do 19 de marzo de 1967. Este programa, publicado na revista do PCG Nova Galicia, constaba de oito puntos reivindicativos, entre os que se contaban diversas melloras nas condicións laborais. Un ano despois, 1968, celebrouse nun local parroquial de Bastiagueiro a primeira reunión nacional das CCOO de Galicia.

Fontes

GÓMEZ, José; SANTIDRIÁN, Víctor Manuel, Historia de Comisións Obreiras de Galicia nos seus documentos, Ediciós do Castro, Sada, 1996, 79 e segs.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á igrexa parroquial de Santaia de Liáns.

Santaia de Liáns. Lugar de Bastiagueiro, Oleiros
/ A CORUÑA