Primeira celebración do Oito de Marzo a nivel galego no Palco da Alameda de Santiago de Compostela

Primeira celebración do Oito de Marzo a nivel galego no Palco da Alameda de Santiago de Compostela

Movementos feministas e LGTBIQ+MulleresTransición (75-78)

O 8 de Marzo de 1977, a AGM (Asociación Galega da Muller) xunto coa AUPEPM (Asociación Universitaria para o Estudo da Problemática da Muller), organizou o primeiro Oito de Marzo a nivel galego. En Compostela estaba previsto un mitin de María Xosé Queizán na Praza do Toural que foi impedido pola policía. Trasladouse o acto á Alameda, onde Queizán falou dende o palco, aínda que pouco despois foron os congregados foron disolvidas. Tamén noutras cidades de Galicia se produciron incidentes, como a prohibición dunha mesa redonda do Movemento Democrático da Muller (MDM) en Vigo.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves para unha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 125.

Paseo Central da Alameda, Santiago de Compostela
/ A CORUÑA