Praia de Sinás, Casa Illa Nova
O 29 de xuño de 1947 casaban en Raxó, Xaime Isla Couto e Cristina Nóvoa Pedreira. O casal mercou unha chabola de pescadores na praia de Sinás que rehabilitaron como casa de verán e denominaron “Illa Nova”. En 1957 o casal financiou con este nome a colección literaria de Galaxia que publicou as primeiras obras de Xosé Luís Franco Grande, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xohana Torres, e do resto de autores e autoras da Nova Narrativa Galega. Como lugar de veraneo, tamén acolleu xuntanzas da resistencia político-cultural ao franquismo.
Estado
Casa privada herdada pola familia de Cristina Nóvoa Pedreira. Sen identificación conmemorativa na actualidade.
Fontes
PASTORIZA, Xosé L. (Ed.), Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia, Vigo, Galaxia, 2015.