Parque do Concello de Cuntis
No parque do Concello de Cuntis, localízanse varios fitos monumentais que conforman un lugar de memoria democrática. Por un lado, polo monumento aos canteiros, unha profesión concienciada coa mobilización sociopolítica nos anos previos ao golpe de Estado. E en segundo lugar, dous monumentos que vindican a memoria dos represaliados tras aquel: un en honra a todos os cuntienses e outro ao xornalista Roberto Blanco Torres, fusilado en outubro de 1936. Paradoxalmente, nas proximidades tamén se poden localizar as reminiscencias da ditadura na vila: a cruz aos caídos na guerra na fachada da igrexa parroquial e unha lousa en recordo dos alféreces provisionais.
Fontes
OTERO, Manu, "Cuntis homenajeará a la corporación de 1936, perseguida por el franquismo", La Voz de Galicia, 04/09/2915, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/cuntis/2015/09/04/cuntis-homenajeara-corporacion-1936-perseguida-franquismo/0003_201509P4C8995.htm, 17/01/2023. PÉREZ, Marcos, "Cuntis homenaxea a derradeira corporación republicana e o seu alcalde, asasinado en 1936", praza.gal, 29/10/2015, https://praza.gal/movementos-sociais/cuntis-homenaxea-a-derradeira-corporacion-republicana-e-o-seu-alcalde-asasinado-en-1936, 17/01/2023.