Movemento sindical mariñeiro na Illa de Arousa
En maio de 1976, a Illa de Arousa (por aquel entón aínda parte do concello de Vilanova de Arousa) foi o espazo elixido para unha asemblea das Comisións Mariñeiras que, reunindo á pesca de altura, a de baixura e mariscadores, aprobou un programa reivindicativo conxunto. A xuntanza, na que participarían representantes de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Aguiño, Boiro, Vilaxoán, O Grove, Cangas, Cesantes, a propia Illa, Portonovo ou Ferrol, entre outros, servíu para dotar de unidade as reivindicacións do mar coa definición dunha táboa reivindicativa que incluía a necesidade da explotación racional dos recursos do mar, o rexeitamento das industrias contaminantes, o salario mínimo de vinte e cinco mil pesetas, a xornada de oito horas ou o fin das artes de pesca ilegais, entre outras.
Fontes
GÓMEZ, José, As CCOO de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Edicións Xerais, Vigo, 1995. VÁZQUEZ, Sito, "Espertando dun soño", Dorna, febreiro 2016, 3-5, https://www.ailladearousa.com/pdf/revista-dorna-3.pdf, 09/08/2022. GONZÁLZ, Gerardo, "Reunión de las Comisiones Marineras Gallegas", El País, 28/05/1976, https://elpais.com/diario/1976/05/28/economia/202082407_850215.html, 09/08/2022.