Monumento aos mártires de Sobredo

Monumento aos mártires de Sobredo

Patrimonio e memoriaGuerra Civil (36-39)Transición (75-78)

Tralo golpe de Estado, os sublevados decidiron dinamitar o monumento aos Mártires de Sobredo, erixido en 1932 e obra de Camilo Nogueira Martínez, en lembranza das tres vítimas das loitas contra os foros do 28 de novembro de 1922 no lugar de Sobredo, parroquia de Guimarei: Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González.

Estado

Despois da Ditadura, sería reconstruído, en 1988, sendo dende entón protagonista anual dos actos de conmemoriación da asociación de memoria local e os centros educativos.

Fontes

BERNÁRDEZ, Judit, "Sobredo no olvida a sus mártires", Faro de Vigo, 18/11/2017, https://www.farodevigo.es/comarcas/2017/11/18/sobredo-olvida-martires-16153480.html, 18/08/2022. OBELLEIRO, María, "Hai unha conexión moi clara entre Sobredo e a represión do 36", Sermos Galiza, 27/11/2017, https://www.nosdiario.gal/articulo/social/hai-conexion-moi-clara-sobredo-represion-do-36/20171122182322063569.html, 18/08/2022.

Sobredo, 36475, Pontevedra, España,
/ Galicia