Mobilizacións na Praza de María Pita
A coruñesa Praza de María foi lugar recorrente para a mobilización sociopolítica nos anos da Transición, como se pode ver nos dous exemplos seguintes. O Movemento Democrático de Mulleres da Coruña organizou unha manifestación o domingo 7 de marzo de 1976, á que concorreron entre un e dous centos de persoas, dende o Obelisco ata a coñecida praza. As súas reivindicacións: igualdade xurídica e social para a muller, garderías, zonas verdes, clubs xuvenís, maioría de idade aos dezaoito anos, escolarización total e gratuíta e oposición á suba dos prezos e á conxelación laboral. A combinación de demandas específicas da muller xunto con outras de tipo máis transversal e con referencia ao máis local, demostran a inclusión dos movementos feministas e de mulleres na vaga de mobilizacións social contra a ditadura e pola democracia.
Un ano despois, a Xornada pola Autonomía, convocada nas principais cidades galegas o 4 de decembro de 1977, reuniu en Coruña a arredor de 100 000 persoas. A manifestación, que rematou da Praza de María Pita, atraeu a xente de todos os lugares da provincia, enchendo as rúas da cidade.
Fontes
"La Coruña: una gran multitud reclamó la autonomía", La Voz de Galicia, 06/12/1977, 48. MARTÍNEZ, Fátima, Cuando la ciudad latía: el movimiento vecinal en Galicia (1964-1982) [tese de doutoramento], Universidad Complutense de Madrid, Madrid, 2021, 217-218, 275 e segs.