Manifestación das traballadoras do peixe do peirao do Berbés
A finais de 1977, o Berbés pasou a ser un importante foco de mobilización sociopolítica. Un bo exemplo foi o das traballadoras do peixe, que organizaron unha manifestación que é lembrada como unha das primeiras accións de rúa convocadas polo Movemento Democrático da Muller Galega. Esta mobilización comezaría con piquetes por parte das integrantes do MDMG, que entraron na fábrica a convocar a folga, e remataría con cargas policiais.
Fontes
BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 107-108.
Notas
Fixáronse as coordenadas do porto pesqueiro do Berbés.