Locais de reunión da Aasociación Galega da Muller e do Movemento Democrático da Muller de Vigo

Locais de reunión da Aasociación Galega da Muller e do Movemento Democrático da Muller de Vigo

Movementos feministas e LGTBIQ+MulleresTransición (75-78)

No ano 1976, a Asociación Galega da Muller (AGM) de Vigo pasou o seu local provisorio (na antiga Rúa de José Antonio, actual Rúa de Urzaiz) á Rúa López de Neira, número 5, onde tamén se instalou o Movemento Democrático da Muller (MDM). Alí celebráronse, ademais dos encontros internos, charlas e debates. No 1977, o local sufriu un incendio no que se perdeu moita documentación relevante para a historia do movemento feminista galego, feito que algunhas das integrantes da antiga asociación catalogan como un atentado de grupos de dereita.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves para unha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 107-108 e 120-121.

Vigo Centro. Rúa López de Neira, 5, Vigo
/ PONTEVEDRA