Homenaxe popular a Castelao en Rianxo

Homenaxe popular a Castelao en Rianxo

Resistencias civís organizadasTransición (75-78)

O 28 de xuño de 1978, tivo lugar en Rianxo unha homenaxe popular a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, convocada pola veciñanza e apoiada pola UCD e o PCG, no 42 aniversario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936. O acto incluíu a colocación dunha coroa de flores ante o busto do escritor e as intervencións de persoeiros como Rafael Dieste, Bouza Brey, Rafael Pillado ou Baldomero Fernández Calviño.
Todos os oradores sinalaron o compromiso galeguista de Castelao, símbolo de unión entre os galegos na súa loita pola consecución dos dereitos autonómicos que permitirían o recoñecemento dunha personalidade propia, e polo tanto, este acto, que se producía no contexto do debate constitucional, converteuse tamén nunha reivindicación do Estatuto de Autonomía de 1936 e do recoñecemento da autonomía galega na democracia en construción.

Fontes

"Ayer, en Rianxo, homenaje popular a Castelao", La Voz de Galicia, 29/06/1978, 25.

Santa Comba de Rianxo. Rúa de Abaixo, 32, Rianxo
/ A CORUÑA