Fuxida do buque Arkale
Na noite do 23 de xullo de 1936, saíu de Cariño coas luces apagadas, deixando en terra á tripulación (agás dous mecánicos) e chegou a Saint Nazaire dous días despois con trinta e oito fuxidos. O suceso foi protagonizado por persoas do Sindicato da Industria Pesqueira e IR de Cariño, o PSOE de Ferrol, a CNT de Viveiro, a CNT do Barqueiro e a CNT de Xixón.
Fontes
PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 469. PITA, José, La Corriente Incontrolabale de la Guerra: represión, guerra civil y exilio. Memorias de un republicano español, Rina Pita Rojas, 2020.