Fuxida do bou Eva

Fuxida do bou Eva

FuxidasGuerra Civil (36-39)

O 23 de abril de 1937, un grupo formado por José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (ambos curmáns de Alfonso D. Rodríguez Castelao), Manuel Martíñez Moroño, José Rodríguez Lorenzo, Fernando Rodríguez Lorenzo, Luis Álvarez González, Camilo Campos Méndez, Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira, intenta fuxir a Francia dende o porto do Berbés, a bordo do bou Eva. Sendo delatados, un grupo de falanxistas acudiu ao lugar naquel momento, procedendo a afundir o barco para forzalos a saír. Secasí, a tripulación non o fixo, optando polo suicidio.

Fontes

PEREIRA, Dionisio, "A represión franquista contra os mariñeiros galegos", Drassana, 18, 2010, 82-93. Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 473. PEREIRA, Dionisio, "El rescate del bou 'Eva'", El Progreso, 22/01/2007, 26. ASOCIACIÓN CULTURAL BOU EVA, 2018, https://web.archive.org/web/20180131090117/http://acboueva.blogaliza.org/, 27/09/2022.

Vigo Centro. Porto do Berbés, Vigo
/ PONTEVEDRA