Fuxida da traiñeira Nuevo Marujita
Na primavera de 1937, a ocasión de prepararse para a pesca do bonito foi aproveitada polos tripulantes da traiñeira para poñer rumbo a Casablanca, onde chegaron días despois dez homes, entre eles varios fuxidos. Posteriormente pasaron a territorio republicano.
Fontes
PEREIRA, Dionisio, Loita de clases e represión franquista por mar, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2010, 472.