Foxas no Cemiterio de Santa María de Curro
A mediados de setembro de 1936, uns veciños de Corbillón atoparon dúas persoas executadas a balazos nunha curva na estrada que unía Vilagarcía e Lérez. Tratábase de Ramón Barreiro Rodríguez e Castor Corral Garrido. Veciños de Curro recolleron os corpos e enterráronos na foxa situada extramuros da igrexa.
Estado
Os restos exhumáronse en outubro de 2009 e foron entregados ás súas familias en marzo de 2010.
Fontes
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA, "Fosa en cementerio de Curro", Mapa de fosas del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, 2022, https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/mapa-de-fosas/Paginas/visorfosas.aspx?fid=1772, 14/08/2022. PRADA, Julio, Geografía de la represión en Galicia, Catarata, Madrid, 2011, 167.