Foxas na beira do río Miño en San Pedro de Filgueira

Foxas na beira do río Miño en San Pedro de Filgueira

FoxasGuerra Civil (36-39)

En San Pedro de Filgueira localízanse dúas foxas na ribeira do Miño, que por mor da construción do encoro de Freira non puideron ser intervidas. Non se sabe se os corpos chegaron a este lugar arrastrados pola corrente. En 2011, foi exhumada outra foxa, na área do cemiterio e a igrexa parroquial, na que se atoparon os restos dunha muller. En 2021, iniciáronse novos traballos no camposanto, co fin de localizar os restos de César Alberte Domínguez, natural de Arnoia, concelleiro en 1936 e asasinado na Ponte de Castrelo de Miño.

Fontes

MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA, “Fosas a orillas del río en Filgueiras”, Mapa de fosas del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, 2022, https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/mapa-de-fosas/Paginas/visorfosas.aspx?fid=2457, 09/08/2022. HISTAGRA, "Exhumación de la Fosa de Filgueira (Crecente), HISTAGRA, https://histagra.usc.es/es/novas/870/exhumacion-de-la-fosa-de-filgueira-crecente, 27/12/2022.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense ao entorno da igrexa parroquial de San Pedro de Filgueira.

San Pedro de Filgueira, Crecente
/ PONTEVEDRA