Foxa no Cemiterio de San Martiño de Tameiga
No cemiterio de San Martiño de Tameiga localízase unha das poucas foxas de Galicia que foi utilizada en distintas datas para enterramentos sucesivos, polo que parece, un total de vinte e dous. Aínda que orixinalmente ao lado do cemiterio, as ampliacións posteriores daquel fixeron que rematase dentro dos seus límites e desaparecese.
Estado
Conmemorado mediante monumento, inaugurado en setembro de 2008 en memoria dos represaliados do Concello de Mos, cos nomes das vítimas.
Fontes
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA, RELACIONES CON LAS CORTES Y MEMORIA DEMOCRÁTICA, “Fosa de Tameiga”, Mapa de fosas del Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes y Memoria Democrática, 2022, https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/mapa-de-fosas/Paginas/visorfosas.aspx?fid=2471, 09/08/2022.