Execucións no Campo de San Paio
Catro paseados atopados neste lugar, a finais de outubro de 1936: Manuel Fernández Pérez (PC), Bernardo Miño Abelenda (PSOE e UGT, concelleiro), Camilo Naveira Ferreño (CNT) e Antonio Lagares Gómez (PSOE e UGT). Francisco Moreno Vilariño (UGT), tamén foi paseado con aqueles, aínda que logrou sobrevivir (só foi ferido) e ó darse por morto, logrou fuxir a Arxentina.
Fontes
TORRES, Xesús, "1936-1939: as vítimas betanceiras da represión", Anuario Brigantino, 29, 2006, 273-318.