Execucións na Estrada de Entrimo-Portugal, Corga da Videira, (Km 67,8)
O xornalista Roberto Blanco Torres, xunto con outros dous individuos, foi executado na noite do 1 ó 2 de outubro de 1936. Un cuarto lograría fuxir antes. Cando os seus corpos se atoparon, foron trasladados ao cemiterio parroquial.
Fontes
NOMES E VOCES, "Lugares de morte: falecidos/as nos "paseos" e outras modalidades de represión paralegal. Ourense", NOMES E VOCES, 2022, http://www.nomesevoces.net/gl/mapas-google/lugares-de-morte-falecidosas-nos-paseos-e-outras-modalidades-de-represion-paralegal-ourense/, 14/08/2022. PIÑEIRO, Antonio, "Foi na Corga da Videira", Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 8, 22-27, https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5960721.pdf, 23/08/2022.
Notas
Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense a un punto aproximado en San Fiz de Galez.