Execucións na Alameda de San Domingos

Execucións na Alameda de San Domingos

Lugares de execuciónExecuciónsGuerra Civil (36-39)

A Alameda de San Domingos e as inmediacións do cuartel da vila, foron escenario de execución de máis de trinta presos nos días 2 e 20 de xullo de 1938. Foron enterrados no cemiterio municipal, hoxe desaparecido igual que os seus restos, pola construción de vivendas a partir de 1981.

Estado

En 1991, inaugurouse un monumento obra do escultor ponteareán Silverio Rivas. Un conxunto de granito rosado concretado en dous volumes: un bloque cuadrangular cun furado na súa parte central coa forma dunha silueta (en alusión ás execucións), e outro o que representa a propia silueta (en alusión a todos aqueles desterrados, exiliados e executados). Con el, preténdese conmemorar a memoria das vítimas do golpe de Estado de xullo de 1936, tal e como se indica na inscrición que acompaña a obra: "A quen foi asasinado, torturado, exiliado, encarcerado, expoliado (sic.) ou padeceu outras represalias por non sumarse ó golpe de Estado de 1936 contra a II República. As persoas amantes da xustiza e da liberdade renden homenaxe á súa memoria. Baixo Miño, xuño 1999".

Fontes

FREIRÍA, Eduardo, "Monumento aos represaliados de 1936", Patrimonio Galego, 28/08/2013, http://patrimoniogalego.net/index.php/48792/2013/08/monumento-aos-represaliados-de-1936, 18/10/2022.

Alameda de San Domingos, Jardín Rosendo Troncoso, 36700 Tuy, Pontevedra, España, Tuy
/ Galicia