Execucións en Loenzo de Abaixo, Rubiáns

Execucións en Loenzo de Abaixo, Rubiáns

Lugares de execuciónFuxidasExecuciónsGuerra Civil (36-39)

A mediados de febreiro de 1937, na súa fuxida de falanxistas e cívicos, os cenetistas Rodrigo Beruete e Antonio Sayanes, así coma o socialista Manuel Linares e Pilar Fernández, foron localizados nunha palleira de Loenzo de Abaixo, parroquia vilagarciá de Rubiáns. Todos eles morreron queimados logo de que esta fose incendiada pola Garda Civil. Outros membros deste mesmo grupo, como Enrique Barreiro, Urbano Tarrío ou Josefa González, foron executados, outros arrestados e houbo quen se uniu ao grupo de Serafín Nogueira, guerrilleiro.
En marzo de 1939, levouse a cabo na mesma parroquia unha nova batida pola Garda Civil e falanxistas, sendo detidos Serafín Nogueira e Valentín Patiño. Ocultos nunha casa de acollida, eran cabezas visibles da actividade guerrilleira na Arousa e foron fusilados en Pontevedra en outubro de 1940.

Fontes

FERNÁNDEZ, Eliseo; PEREIRA, Dionisio, A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940), Em Selecta Companha, Santiago de Compostela, 2022, 87 e 105.

Notas

As coordenadas correspóndense á igrexa parroquial de Santa María de Rubiáns, por non poder ser máis específicos.

Santa María de Rubiáns, Vilagarcía
/ PONTEVEDRA