Espazo de sociabilidade do colectivo LGTBIQ+ nos Cabarés de Samil
Detrás da praza de Compostela de Samil situouse o epicentro da escena homosexual galega, configurando un dos espazos pioneiros de sociabilidade do colectivo LGTBI+. Constan celebracións de eventos dende mediados dos anos cincuenta, con espectáculos de travestismo como o de Manolito Soler, que actuaba na sala de festas Riomar. En agosto de 1978, celebrouse en Samil a primeira festa gai galega, onde se homenaxeou a figura de Soler.
Fontes
FERRÁNDEZ, Daniela, A defunción dos sexos: Disidentes sexuais na Galiza Contemporánea, Edicións Xerais, Vigo, 2022, 128-135.