Escenarios da curtametraxe “El Andamio”

Escenarios da curtametraxe “El Andamio”

Resistencias culturaisFranquismo (51-75)

Durante catorce meses, entre 1957 e 1958, gravouse na Coruña a curtametraxe “El Andamio”, dirixida por Rogelio Amigo con produción dos irmáns Docampo. Ambientada no barrio coruñés de Labañou, “El Andamio” indaga no sufrimento proletario e a memoria republicana na España franquista, a partir da caída aparentemente accidental dun obreiro dunha estada. Considerada a primeira curtametraxe amateur de temática social a nivel nacional durante a ditadura, chegou a recibir premios en San Sebastián e Barcelona. A pesar de que logrou pasar a censura, as autoridades desaconsellaron a súa exhibición e a curta rematou desaparecendo. Foi recuperada e restaurada en 2008 polo Centro Galego de Artes da Imaxe e actualmente pode atoparse, en dúas partes, na plataforma YouTube.

Fontes

GURRIARÁN, Ricardo, A cultura e o asociacionismo cívico na Coruña. Entre a oficialidade e a resistencia (1939-1979), Fundación 10 de marzo, Santiago de Compostela, 2019, 198 e segs. DOCAMPO GARCÍA, Antonio, "El Andamio - 1ª Parte", YouTube, 2012, https://www.youtube.com/watch?v=5IHnC0awHJw, 29/08/2023. DOCAMPO GARCÍA, Antonio, "El Andamio - 2ª Parte", YouTube, 2012, https://www.youtube.com/watch?v=LznFdwr1TMA, 29/08/2023.

Notas

As coordenadas refírense á igrexa de Nosa Señora do Socorro, un dos puntos centrais do barrio.

Praza do Padre Gil, 1, 15011 A Coruña, España, A Coruña
/ A Coruña