Enfrontamento coa Garda Civil na “Casa do Inverno”

Enfrontamento coa Garda Civil na “Casa do Inverno”

ExecuciónsGuerra Civil (36-39)

En maio de 1939, Benigno Díaz González e Enrique de Vigo, ambos fuxidos dende o golpe de Estado de xullo de 1936, falecen tras un enfrontamento coa Garda Civil na casa de Carmen Maceda Macía, que lles dera refuxio dende 1937 e que tamén acaba falecendo. Os dous fillos desta, Antonio e Anuncia Rodríguez Maceda, foron detidos, acusados de rebelión militar e condenados a pena de morte, que se lles conmutou por cadea perpetua. Antonio pasou anos en prisión e Anuncia morrería de tuberculose no cárcere lucense, a finais de 1941.

Fontes

TORNA, Cilia, "As actas do martirio da 'Casa do Inverno'", Nos Diario, 09/09/2021, https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/actas-do-martirio-da-casa-do-inverno/20210909000002128390.html, 25/09/2022. SOUTO, María Jesús, La represión franquista en la provincia de Lugo, Ediciós do Castro, Sada, 2008, 152.

Notas

Por non contar cunha localización máis precisa, as coordenadas refírense á Casa do Concello do Incio.

Santa Cruz do Incio. Praza de España, O Incio
/ LUGO