Encontros feministas na Facultade de Económicas da USC

Encontros feministas na Facultade de Económicas da USC

Movementos feministas e LGTBIQ+MulleresTransición (75-78)

En abril de 1978, celebráronse na Facultade de Económicas de Santiago as primeiras Xornadas Feministas Galegas, ás que acudiron vinte asociacións da Coordinadora Estatal de Organizacións do Estado. Destaca o feito de que por primeira vez de maneira pública o feminismo lésbico reclamou o seu lugar dentro do movemento. Do mesmo xeito, o centro, que acostumaba a funcionar como lugar de reunión do movemento feminista da cidade, acollería tamén unha das asembleas da Asociación Galega da Muller determinante para que a escisión de Feministas Galegas Independentes (FIGA), no marco dos debates entre o feminismo independente e o de dobre militancia, precedendo os acontecementos das xornadas de Granada celebradas un ano despois.

A Facultade de Medicina e o Pazo de Fonseca terían sido, do mesmo xeito, lugares de reunión do feminismo compostelán nos seus inicios, entre os anos 1976 e 1977.

Fontes

MACÍAS, Xabier, 22 Documentos do feminismo galego, Fundación Galiza Sempre, A Coruña, 2010, 29. BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves para unha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 128-129, 143 e 259-260. ANTELO, Enya, Entrevista a Nanina Santos Castroviejo, Santiago de Compostela, 2018.

Av. do Burgo das Nacións, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España, Santiago de Compostela
/ A Coruña