Encontros de mulleres activistas na Cafetería Goya

Encontros de mulleres activistas na Cafetería Goya

Movementos feministas e LGTBIQ+Resistencias civís organizadasMulleresFranquismo (51-75)

A cafetaría Goya, localizada no arranque da Rúa de Urzáiz, foi ata decembro de 1998, data do seu peche, un lugar recorrente para o encontro das xentes de esquerda da cidade de Vigo. A comezos de 1975, celebráronse alí varias reunións de mulleres pertencentes á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e ó Movemento Comunista Galego (MCG), que rematarían por aglutinarse na Asociación Galega da Muller (AGM). Destacan nesas reunións nomes coma o de María Xosé Queizán, Ana Míguez ou Ana Miranda.

Fontes

BAR, Mónica, Feministas galegas. Claves para unha revolución en marcha, Edicións Xerais, Vigo, 2010, 115.

Vigo Centro. Rúa de Urzáiz, 16, Vigo
/ PONTEVEDRA