Conflitividade obreira na factoría ASTANO

Conflitividade obreira na factoría ASTANO

Resistencias civís organizadasTransición (75-78)

Tralas detencións de importantes dirixentes sindicais a raíz dos sucesos de 1972 e o descabezamento da comisión obreira de Bazán, a comisión obreira da factoría ASTANO tomou o relevo da conflitividade obreira e de oposición ao Franquismo en Ferrol. Coma noutros casos, en ASTANO as reivindicacións laborais lindaban, implícita ou explicitamente, coas de tipo político, insistindo na necesidade do cambio de réxime. Un exemplo claro destas demandas foi o paro de arredor dun cento de traballadores o 11 de decembro de 1975, a prol da amnistía para os presos políticos, acto que quedou recollido nunha comunicación enviada polo xefe superior de policía ao Gobernador Civil da provincia, Miguel Vaquer Salort.

Fontes

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA, Documentos do Goberno Civil, Notas, comunicaciones e informes secretos sobre las empresas (Astano), ARG 338. REI, Leonardo, Astano: a empresa, a comisión obreira e a conflictividade: 1941-1977, Fundación 10 de Marzo, Santiago de Compostela, 2005. LOZANO, A, "ASTANO: Los barcos más grandes", en Cristina Abelleira (et al.), Grandes empresas, grandes historias de Galicia, La Voz de Galicia, A Coruña, 2000.

Santo Estevo de Perlío, Fene
/ A CORUÑA