Conflitividade laboral no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Conflitividade laboral no Hospital Psiquiátrico de Conxo

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

Inaugurado como hospital para enfermos mentais en 1885 por orde do Arcebispo de Santiago Miguel Payá y Rico, estivo baixo man eclesiástica ata 1969. Neste ano, pasou a estar controlado pola Deputación Provincial da Coruña, e iniciaríase unha reforma coa que se pretendía adaptar o funcionamento do centro e o trato aos pacientes aos estándares psiquiátricos do momento. Ao abeiro desta apertura, os traballadores da institución protagonizaron un progresiva mobilización esixindo cambios no trato aos pacientes (finalización do emprego do electrochoque, reducir o uso abusivo de psicofármacos) e nas súas condicións laborais (xornal mínimo, subas, xornada de corenta e dúas horas…). A mediados de 1975, a vaga reivindicativa saldouse con varios despedimentos, aínda que isto non freou a concienciación que entre o perosal se viñera conformando nos meses previos.

Fontes

ALOT, Arturo; LIÑEIRO, José; SEOANE, Antón; TATO, Ramiro; TORRENT, Lluis; PILLADO, Francisco, Conxo: manicomio e morte, Xistral, Monforte de Lemos, 1977.

Santa María de Conxo. Praza de Martín Herrera, 2, Santiago de Compostela
/ A CORUÑA