Conflitividade laboral na fábrica Barreras

Conflitividade laboral na fábrica Barreras

Resistencias civís organizadasFranquismo (51-75)

Barreras, o estaleiro máis grande de Vigo ao final da ditadura, foi un dos núcleos de oposición obreira da cidade de Vigo nas últimas décadas do réxime. Cunha conflitividade recorrente e presencia de CCOO, as loitas en Barreras foron dende as reivindicacións laborais, como as loitas polos convenios, ata as folgas de solidariedade. Cabe mencionar, neste senso, a folga de maio de 1972 ou a decisión asemblearia de ir á folga de solidariedade cos traballadores de Citroën, impulsando a folga xeral de setembro de 1972 en Vigo.

Fontes

DOMÍNGUEZ, Mario; LAGO, Pedro; SANTIDRIÁN, Víctor Manuel; GÓMEZ, José, "Organización e mobilización dos traballadores durante o franquismo. A folga xeral de Vigo do ano 1972", Documentos de traballo. Historia, 12, 2001. GÓMEZ, José, As CCOO de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, Edicións Xerais, Vigo, 1995. LAGO, Pedro, LAGO, Pedro, La construcción del movimiento sindical en sistemas políticos autoritarios: las Comisiones Obreras de Galicia (1966-1975) [Tese de Doutoramento], Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Santiago de Compostela, 2010, https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/2787, 06/09/2022. LAGO, Pedro, "La movilización sindical como dilema estratégico: una explicación del movimiento huelguístico durante el franquismo en Galicia (1966-1975)", Revista de Estudios Políticos, 133, 2006, 143-165.

Coia. Avenida de Beiramar, 2, Vigo
/ PONTEVEDRA