Conflitividade laboral en Manufacturas San Remo

Conflitividade laboral en Manufacturas San Remo

Resistencias civís organizadasMulleresTransición (75-78)

Nos últimos meses de 1977, as traballadoras da empresa manufactureira téxtil San Remo, de Vilalba, protagonizaron unha das primeiras folgas da vila chairega, para denunciar unha serie de irregularidades laborais que viñeran sufrindo ata o de entón, coma os salarios por debaixo do convenio, o feito de non estar aseguradas ou constar como aprendices a pesar de levar varios anos traballando na fábrica téxtil. A ameaza dun peche de seis meses por parte da patronal animaría mobilizacións.

Fontes

"Primeira folga nunha mediana empresa", A Nosa Terra, 3-9/02/1978, 6, http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_n2_1978.pdf, 13/08/2022. "Cierre en Villalba", La Voz de Galicia, 1/03/1978, 45.

Santiago de Sancovade. Rúa Cidade de Vigo, Vilalba
/ LUGO